Novas

Máis novas

Alumnado do obradoiro realiza tarefas de mantemento en San Martiño

17/01/2019. O alumnado do obradoiro de emprego do Concello de Melide que comparte co Concello de Boimorto, realizan estes días melloras de mantemento e poda no entorno do Centro Social de San Martiño das Varelas entre as súas actuacións

MELIDE 17 de xaneiro de 2019.- O alumando do obradoiro de emprego que se está levando a cabo en Melide dende o pasado mes de novembro e que leva por nome “ Melide-Boimorto: Natureza no Camiño de Santiago” realiza estes días labores de mantemento e poda no entorno do Centro Social de San Martiño das Varelas.

Son uns traballos que realizan íntegramente o alumnado deste obradoiro de emprego, que se desenvolve en Melide e que terá unha duración de nove meses. En concreto actúase nesta carballeira porque se detectou por parte dos técnicos e do Concello de Melide a necesidade de podar e sanear as especies arbóreas que se atopan nesta zona. Tal e como explica a alcaldesa de Melide, Dalia García “son especies que teñen un alto valor patrimonial e natural e nalgúns casos precisan de tratamentos para asegurar a súa supervivencia no tempo”. “Son melloras que complementan o traballo que se está a facer por parte da brigada de obras do Concello de Melide que realizan actuacións como a limpeza de canalóns ou nos vindeiros días o acondicionamento do tellado con labores de mantemento”, apunta a rexedora. 

Neste obradoiro participan un total de 20 persoas desempregadas dos Concellos de Melide e Boimorto e permitirá que se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp