Novas

Máis novas

O Centro de Transfusión de Sangue despraza unha unidade móbil a Melide

16/01/2019. O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia despraza mañá unha unidade móbil a Melide. Situarase como é habitual na rúa Alexandre Bóveda ao carón do Cantón de San Roque, en pleno centro da vila. Será en horario de mañá e tarde

MELIDE 16 de xaneiro de 2019.-   O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia despraza a Melide, á rúa Alexandre Bóveda a carón do Cantón de San Roque unha unidade móbil. Será mañá xoves 17 de xaneiro en horario de mañá e tarde, dende as 10h e ata as 14h e dende as 16h e ata as 21h.

Para poder doar é necesario pesar máis de 50 quilos, ser maior de idade e non padecer nin ter padecido ningunha enfermidade infectocontaxiosa. Para poder dar resposta a todas as necesidades diarias dos hospitais galegos son necesarias 500 doazóns ao día. 

A falta de coñecer os datos do pasado ano 2018, dende o CTG contan que Melide é unha das vilas cos mellores resultados de Galicia en canto a porcentaxe de doazóns.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp