Novas

Máis novas

Máis de 11 toneladas de roupa recollidas nos colectores de Melide en 2018

14/01/2019. O Concello de Melide vén de recibir os datos da empresa encargada da recollida dos colectores de roupa usada na vila. A cifra do pasado ano 2018 é de 11.167 quilogramos e no 2017 o dato é superior de 14.053 quilos recollidos

MELIDE 14 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide vén de facer balance da cantidade de roupa usada recollida nos contedores para tal fin no pasado ano 2018. As cifras, despréndense dun estudio pormenorizado que se fixo público estes días e no que tamén se dá conta da cifra total do ano 2017.

Melide conta con sete contedores de recollida de roupa usuada na vila, situados en diferentes punto da zona urbana co fin de darlle servizo aos veciños e proceder á recollida de todo aquel texido téxtil que poida ser obxeto de reciclaxe.  En concreto, segundo os datos do ano pasado, a cifra total do ano 2018 en recollida de roupa usada en Melide foi de 11.167 quilogramos (no ano 2017 a cifra foi de 14.053 quilogramos). O resultado establece unha media por habitante na vila de 1,6 quilos de texido ao ano.

“Un dos datos curiosos que se desprenden deste estudo é que o punto limpo de Melide non adoita ser utilizado polos veciños e veciños para depositar este tipo de materiais e sen embargo son os contedores para este fin que temos na vila son os que se utilizan recoller roupa e material usado”, explica a alcaldesa de Melide, Dalia García. “Nos meses de verán, os quilos increméntase debido seguramente ao cambio de estación e a que Melide durante esa época dobra a súa poboación” engade a rexedora.

Tanto o Concello de Melide como a empresa concesionaria deste servizo fan especial fincapé na necesidade de incrementar a seguridade e vixianza debido a que nos últimos tempos se rexistraron actuacións vandálicas neste mobiliario urbano. A alcaldesa de Melide, afirmaba que “nos próximos días procederase ao recambio dalgúns contedores para salvagardar a seguridade de roupa e calzado que alí se depositen”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp