Novas

Máis novas

Baile e xogos para clausurar o Campamento Urbano de Verán

11/08/2017. A festa de fin de campamento celebrouse no Palacio de Congresos e exposicións de Melide. O Campamento Urbano de Melide contou este ano con récord de participantes

Un total de 140 nenos e nenas participaron nos Campamentos Urbanos de verán que este ano organizou a concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide. 

Esta iniciativa levouse a cabo dende o pasado 26 de xuño e tivo a súa festa de final de campamento na xornada de onte xoves, para que hoxe, venres, se poña o punto final a esta actividade.

“O obxetivo principal dos Campamentos Urbanos é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán, xa que os pequenos teñen moitas vacacións e en numerosas ocasións, os adultos non dispoñemos de tanto tempo de lecer”, explica María Jesús López Mourón, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide.

Na xornada de onte levouse a cabo unha festa final para clausurar o Campamento Urbano de Melide que se celebrou no palacio de Congresos da vila.  Os rapaces compartiron un pequeno almorzo de media mañá e participaron en diferentes xogos, obradoiros de maquillaxe e globoflexia e tamén houbo tempo para o baile.

Dalia García, alcaldesa de Melide amosábase orgullosa pola boa acollida que tivo esta actividade na nosa vila “xa que foron un total de 140 nenos os que poideron gozar das mañás de conciliación  que dende o concello organizamos,  ademais este ano tivemos rapaces que chegaron de Holanda, Bélxica ou Barcelona que se entenderon perfectamente cos rapaces de Melide, pese a que nalgunha ocasión non falaban o mesmo idioma”.

ACTIVIDADES CAMPAMENTO URBANO

O Campamento Urbano de Melide albergou unha morea de actividades que foron dende obradoiros deportivos e ata talleres na radio o na cociña. Os participantes tamén tiveron oportunidade de realizar actividades ao aire libre como rutas en bicicleta, xornadas na piscina exterior de Melide ou practicar kayak no treito do río Furelos que atravesa a área recreativa.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp