- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O monologuista David Perdomo actuará en Melide o 19 de xaneiro
11/01/2019. O Concello de Melide colabora con Unga Unga Music que traerá á vila o espectáculo do monologuista e actor galego David Perdomo e que ten data fixada no calendario para o vindeiro sábado 19 de xaneiro na casa da cultura melidense
MELIDE 11 de xaneiro de 2019.- O Concello de Melide colabora con Unga Unha Music que traerá á casa da cultura da vila o espectáculo do monologuista e actor galego David Perdomo.
A cita será o próximo sábado 19 de xaneiro ás 21h. As entradas por valor de 10 euros, xa poden mercarse en diferentes establecemos de Melide como a cafetería Pinocho e Muxica Tenda Xoven.
David Perdomo é un actor e monologuista galego que participou nos seus comezos en curtametraxes e obras de teatro. Foi en 2009 cando comezou a traballar xunto a Xosé Tourián e Roberto Vilar en Land Rober. Coñecido en internet pola súa popularidade coa serie na que interpreta a varias personaxes, entre as que destaca “Koruño”. Participou entre outros proxecto no programa “No le digas a mamá que trabajo en la tele”, xunto cos cómicos Dani Rovira, Goyo Jiménez e Iñaki Urrutia.