- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Posta a punto do campamento xuvenil de Furelos para o vindeiro verán
10/01/2019. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia realiza estes días traballos de mantemento e acondicionamento da zona do entorno do campamento xuvenil de Furelos para a súa posta a punto para o próximo verán
MELIDE 10 de xaneiro de 2019.- Persoal da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia realizan estes días actuacións de mantemento, prevención e seguridade no campamento xuvenil de Furelos.
Os traballos consisten no acondicionamento exterior onde os máis cativos cada verán realizan actividades ao aire libre a carón do río Furelos, un enclave propicio para o desenvolvemento dunha acción destas características. Ao mesmo tempo, tamén se realizan traballos de prevención de posibles lumes chegados as épocas do verán, xa que o Campamento de Furelos, pese a estar ao lado do treito do río Furelos, atópase nunha zona moi verde e frondosa que é necesario podar e manter nunhas boas condicións para evitar posibles incendios durante os meses máis calurosos do ano.
Dende o Concello de Melide, a alcaldesa da vila, Dalia García, agradece unha vez máis que “a Xunta cumpra cos seus compromisos con Melide e faga realidade unha vez máis, as demandas dos melidenses”.
O que se pretende, tanto dende a Xunta de Galicia como dende o Concello de Melide é que a Campaña de Verán da Xunta volva ser un referente en España, ofrecendo á xente nova non só de Galicia senón tamén doutras rexións e mesmo do estranxeiro unha atractiva programación que converte a nosa comunidade nun destino preferente nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.