Novas

Máis novas

O comercio de Melide celebra o venres o sorteo de Nadal na casa da cultura

09/01/2019. A cita será este venres 11 de xaneiro ás 20.30h na casa da cultura de Melide. Os comerciantes asociados a Asetem celebran o sorteo de nadal onde se repartirán 6.200 euros en premios. A gala estará presentada por Manquiña

MELIDE 9 de xaneiro de 2019.- A casa da cultura de Melide acollerá o sorteo da vixesima edición da campaña “Este Nadal Toca en Melide”, que repartirá 6.200 euros para mercar no comercio local.

A cita será este venres 11 de xaneiro ás 20.30h na casa da cultura e celebrarase unha gala que estará presentada polo actor, presentador e guionista galego, Manuel Manquiña, quen ademais de presentar o evento tamén actuará co seu grupo, Los Fabulosos Weekend.  Repartiranse un total de 6.200 euros en premios distribuídos  nun de 2.000 euros, dous de 1.000, catro de 500 e un adicional de 200 euros entre os asistentes ese día á gala e que demostren dalgún xeito ter rifas de haber mercado no comercio asociado ao Centro Comercial Aberto Asetem. O sorteo celebrarase ás 21.00 horas ante notario. Os premios serán en vales de compra para invertir de novo no comercio local.

PRETO DUN CENTO DE PARTICIPANTES E 70.000 RIFAS REPARTIDAS

Mantendo a liña de anos anteriores, este ano participan  preto de cen establecementos asociados.

O funcionamento da campaña rexeuse polo mesmo sistema de sempre. Así, cada establecemento reparte dende o pasado 1 de decembro e ata o vindeiro 11 de xaneiro, rifas de forma gratuíta entre os seus clientes con cada compra realizada. Este ano o número de rifas o número de rifas a distribuír foi de 70.000. Na última edición o número de rifas foi inferior, repartíndose un total de 65.000 papeletas.

Unha vez realizado o sorteo, os afortunados terán ata o 31 de xaneiro ás 13.00 horas para recoller o premio nas oficinas de Asetem.

A campaña de Nadal está organizada polo Centro Comercial Aberto Asetem en colaboración co Concello de Melide e a Xunta de Galicia.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp