- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Proxectos no Meire e do Leboreiro beneficiarios das axudas da Rede Natura
08/01/2019. O delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, xunto coa xefa territorial de Medio Ambiente, Cristina Carrión e a alcaldesa de Melide, Dalia García, visitaron algún destes proxectos xa rematados
MELIDE 8 de xaneiro de 2019.- Foron catro os proxectos de rehabilitación realizados entre as parroquias melidense do Meire e do Leboreiro ao abeiro das axudas vincauladas á realización e rehabilitación de proxectos en zonas de Rede Natura.
Durante a mañá de hoxe, a alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto con Ovidio Rodeiro, delegado territorial da Xunta na provincia e Cristina Carrión, xefa territorial de Medio Ambiente, visitaron diferentes actuacións realizadas ao abeiro da orde pola que se establecen as axudas a particulares para conservar e revalorizar o patrimonio natural de Galicia no ámbito de Rede Natura na provincia da Coruña.
Concretamente, estiveron no lugar do Castro, no Meire para coñecer in situ a rehabilitación realizada nun alpendre en un forno tradiciona. Outras melloras realizadas en parroquias de Melide ao abeiro destas axudas foron a reconstrucción de muros de cachotaría tradicional así como rehabilitación de hórreos. O importe máximo para cada proxecto foi de 12.000. A beneficiaria desta axuda trasladoulle a Ovidio Rodeiro a súa satisfacción pola oportunidade que supuxo a aplicación da subvención e solicitou ao Goberno galego a continuidade para este tipo de intervencións.
Estas axudas están financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemetno rural de Galicia 2014-2020. A Dirección Xeral de Patrimonio Natural financia inversións non produtivas para alcanzar obxectivos agroambientais e climáticos nestes ámbitos.
A maior parte dos proxectos presentados, dez de doce, localízanse na comarca de Santiago, concretamente nos concellos de Toques, Santiso, Padrón e Melide nos que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste máis de 115.000 euros.