- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello suxeita ao chan colectores do lixo situados en máis de 20 rúas
07/01/2019. Melide conta dende hai uns días con máis de 60 novos suxeita contedores repartidos entre máis de 20 rúas. Esta acción, permite mellorar a seguridade viaria, sobre todo nos días nos que se producen inclemencias meteorolóxicas
MELIDE 7 de xaneiro de 2019.- O Concello de Melide vén de instalar máis de 60 novos colectores do lixo que están suxeitos ao chan para evitar que se despracen, procedeuse así a súa ancoraxe na superficie da estrada mediante barras.
Os novos contedores suxeitos ao chan están instalados en diferentes zonas da vila, tanto de titularidade estatal como autonómica. Dende a o Concello de Melide o que se pretende é “facilitar a recollida de residuos orgánicos e inorgánicos á veciñanza”.
Do que se trata é de eliminar nos momentos de inclemencias meteorolóxicas o movemento dos contedores do lixo así como reorganizar o propio servizo de cara a facelo máis accesible á empresa concesionaria da recollida en puntos onde se poidan complementar o contedores de residuos sólidos, o de envases lixeiros, o de cartón e tamén, nalgúns casos o de recollida de roupa.
Tal e como explican dende o ente local, con esta acción “evítanse situacións de risco para os conductores ao ser desprazados os contedores á estrada por vento ou fortes choivas, principalmente cando están baleiros, e agora que imos de cara aos meses de inverno”.
O Concello de Melide explican que continuarán cos traballos para suxeitar os contedores ao chan doutras zonas da vila que aínda carecen deste sistema, co obxetivo de conseguir que todos os colectores do lixo na vila estean suxeitados ao chan nun futuro.