Novas

Máis novas

Melchor, Gaspar e Baltasar enchen de ilusión as rúas de Melide

07/01/2019. Os tres Reis Magos de Oriente chegaron na xornada do sábado á vila onde realizaron un percorrido polas rúas da vila saudando á veciñanza e tiveron tempo de ocnversar cos cativos nos tronos reais situados na igrexa parroquial

MELIDE 7 de xaneiro de 2019.- Como vén sendo habitual, os Reis Magos visitaron Melide durante a xornada do pasado sábado. Chegaron nas súas tradicionais carrozas realizando un percorrido dende o pazo de congresos e exposicións da vila polo centro do pobo ata chegar aos tronos reais que, como todos os anos, estaban situados na igrexa parroquial.

Este ano, con anterioridade ao recibimento de Melchor, Gaspar e Baltasar no Cantón de San Roque, os protagonistas foron os alumnos de baile moderno da actividade que se imparte na piscina municipal, xa que amenizaron a espera cos seus bailes. Abrindo paso á cabalgata deste ano, atopábase un enorme camello feito con globos que espertou a curiosidade de todos os asistentes.

Antes da cabalgata real os Reis Magos visitaron a residencia de maiores da terceira idade de Melide onde conversaron cos máis maiores e coñeceron as súas inquietudes para este ano que acaba de comezar.

Durante esta visita, Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron acompañados da alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, María Jesús Mourón.

O propio día de Reis, onte domingo 6 de xaneiro, os maiores, socios e socias do centro social, celebraron unha xornada especial na instalación cun brinde e unha xornada musical na que tamén estiuveron presentes a alcaldesa de Melide e parte do seu equipo de goberno para compartir cos maiores esta xornada. No trascurso da tarde, levaronse a cabo varios sorteos de agasallos entre os presentes.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp