Novas

Máis novas

Máis de 678.000 euros para a rehabilitación enerxética de varias vivendas de promoción pública en Melide

11/07/2017. A Xunta de Galicia investirá nas vivendas de promoción pública de Melide para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas. O Concello de Melide rebaixou o ICIO para as casas de Protección Oficial cunha bonificación máxima

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) acometerá de inmediato dúas actuacións no concello de Melide polas que vai a investir máis de 678.000 euros na rehabilitación enerxética de dous grupos de vivendas de promoción pública. A primeira das actuacións previstas afecta a 20 vivendas de tres portais da rúa José Cándido Paz Ares, cunha obra que xa está licitada e que vaise a adxudicar en breve. Trátase de actuacións sobre a envolvente en fachada e illamento de cuberta con retirada e reposición do material de cobertura e renovación da iluminación en zonas comúns do edifico. Conta cun orzamento de preto de 253.000 euros e un prazo de execución de tres meses.

Tamén en Melide está prevista unha segunda actuación, estando o proxecto correspondente en fase de aprobación técnica polo IGVS. Neste caso trátase da rehabilitación enerxética de outras 20 vivendas de promoción pública, nos números 1, 2 e 3 da mesma rúa. Neste caso os traballos consisten na mellora enerxética do edificio, illamento térmico polo exterior en fachada e substitución de cuberta e contan cun orzamento de 426.000 euros e un prazo de execución de catro meses. En ambos os casos, as obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado da alcaldesa, Dalia García, as vivendas nas que se van a levar a cabo estas obras e que servirán para mellorar de xeito sostible a calidade de vida dos veciños. Rodeiro sinalou que o IGVS ten en marcha un programa de mellora da eficiencia enerxética de vivendas de promoción pública, no marco do cal se están a realizar actuacións en varias localidades de toda Galicia, e nomeadamente na provincia da Coruña.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp