Novas

Máis novas

Medio Ambiente priorizará a erradicación de niños de vespa velutina na Comarca

04/01/2019. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de trasladar á Agrupación Apícola que reforzará a retirada de niños primarios de vespa velutina na Comarca da Terra de Melide entre outros concellos dentro de Rede Natura

MELIDE 4 de xaneiro de 2019.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou á Agrupación Apícola de Galicia que o departamento que dirixe reforzará a retirada de niños primarios de avispa velutina nunha vintena de concellos que teñen superficie dentro da Rede Natura.

Deste xeito, ao longo de 2019 priorizaranse estas accións para erradicar ditos niños deste insecto co fin de minorizar e conter a proliferación da mesma nos 20 concellos que teñen superficie en Rede Natura, entre os que se atopa Melide, Toques e Santiso.

Dende o Concello de Melide, explican a necesaria comunicación do lugar onde se atopan estes niños á Consellería de Medio Ambiente mediante o teléfono 012, para proceder a súa rápida erradicación.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp