Novas

Máis novas

O Concello de Melide pon a disposición dos veciños o buzón real

02/01/2019. A casa consistorial alberga no seu baixo un buzón real que está a disposición de todos os veciños que quieran depositar alí a súa carta aos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar, recollerán as peticións a noite do 5 de xaneiro

MELIDE 2 de xaneiro 2019.- O Concello de Melide previo á celebración do día de Reis, pon a disposición dos veciños e veciñas da vila un buzón de real que está instalado nos baixos da casa do concello.

Ata este lugar poden desprazarse os rapaces e rapazas de Melide que queiran facerlle chegar as súas cartas a Melchor, Gaspar e Baltasar con anterioridade ao día 5 pola tarde, que será cando as tres maxestades de Oriente cheguen á vila para repartir maxia e ledicia entre todos os nenos e nenas e recollan neste buzón todas as súas peticións.

A maiores de contar cun buzón real en Melide, tamén as familias se poden achegar ata os baixos da casa do Concello para recoller un modelo de carta que a concellería de Cultura elaborou para que todos os nenos e nenas poidan realizar as súas peticións. Así, de xeito gratuito totalmente, as persoas que queiran poden coller este modelo para redactar as súas peticións no Concello de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp