- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A oficina de Turismo recibe máis de 20.000 visitas nos últimos seis meses
28/12/2018. A oficina de turismo fai balance a finais de ano da actividade rexistrada nestes últimos seis meses do ano. O 96% das visitas rexistradas foron peregrinos que percorren o Camiño Francés e o 4% restante corresponde a turistas
MELIDE 28 de decembro de 2018.- A oficina de Turismo fai balance das visitas que se realizaron nos últimos meses as súas instalacións. O dato que se desprende deste pequeno estudo é que un total de 20.109 persoas foron as que se achegaron ata esta oficina para interesarse por Melide, a súa gastronomía e o seu patrimonio cultural e arquitectónico.
Cara finais de ano, tal e como informan as técnicas de Turismo do Concello “notouse un descenso considerable de visitantes, pero apreciamos que os que se achegaban tiñan máis tempo para o seu percorrido pola vila, non como sucedía cos peregrinos no mes de xullo ou agosto, cando chegaban máis apurados buscando albergues onde pasar a noite, debido a alta afluenza de visitantes”.
As cifras do estudo da oficina de turismo, amosan que houbo in incremento con respeto ao ano anterior, xa que no 2017 esta oficina tiña rexistrado 16.829 visitantes e neste 2018 foron 20.109, un incremento do 19.5%. Este superlativo aumento produciuse principalmente nos mese de verán e foi encabezado polos visitantes nacionais. No 2018 achegáronse a Melide 2.847 visitantes españois máis que con respeto ao 2017, un incremento do 32%.
En resumo, observando os datos estatísticos, denden a oficina de turismo de Melid destacan que houbo un importante crecemento no número de visitantes neste 2018 (+19,5%) e que principalmente foi motivado polo incremento do turismo nacional (+32,9%) sobre todo nos meses de verán. A tendencia con respecto á procedencia dos visitantes estranxeiros neste 2018, pese a non presentar un gran crecemento con respecto o ano anterior, tamén é á alza (+5,3%).
VERÁN E INVERNO: VISITANTES NACIONAIS E VISITANTES ESTRANXEIROS
No estudo da oficina de turismo de Melide, diferéncianse dous grandes bloques. Por un lado, nos meses de verán houbo unha maior afluencia de visitantes, sobre todo españois, xa que é o período vacacional por excelencia. Principalmente proviñeron das seguintes comunidades: Andalucía, Comunidade de Madrid, Cataluña e Comunidade Valenciana, destacando tamén este ano os visitantes das dúas comunidades insulares, Canarias e Baleares.
Por outro lado, “no segundo período da tempada descendeu progresivamente o número de visitantes, sobre todo nacionais, destacando nestes meses o incremento de peregrinos chegados de Europa e do resto do mundo. De Europa viñeron de tódolos países, aínda que principalmente de Italia e Alemaña, resaltando este ano a chegada de peregrinos de Irlanda. Os peregrinos que procedían do resto do mundo repartíanse entre países como Estados Unidos, Canadá, Australia e Sudáfrica, seguidos polos países latinoamericanos, resaltando a Arxentina, Brasil e México. Mención aparte merécense os coreanos; dende Corea do Sur visitáronos moitos peregrinos e mantivéronse constantes durante os seis meses que estivo aberta a oficina de turismo de Furelos”, explica o estudo da oficina de turismo.
Dalia García, alcaldesa de Melide amosábase orgullosa das cifras que se acadaron xa que “ unha vez máis, os visitantes a Melide aumentan ano tras ano, un reflexo de que a xente se interesa por coñecer a nosa vila”. “Dende o Concello de Melide este ano volvouse contar con tres técnicos de Turismo así como tamén co servizo de bus turístico para dar a coñecer as xoias arquitéctonicas da nosa vila e arredores aos que nos visitaron durante os meses do verán”, apuntou a rexedora".