- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis de 30 familias benefícianse das axudas municipais a prol da natalidade
27/12/2018. Melide recibiu 36 solicitudes para obtar as axudas da natalidade que puxo en marcha xa o ano pasado e que pretende ser un complemento para as familias que deciden ter fillos e que están empadroados en Melide
MELIDE 27 de decembro de 2018.- O Concello de Melide vén de resolver a convocatoria de axudas municipais a prol da natalidade que beneficiarán a 33 familias da vila. Foron un total de 36 solicitudes as rexistradas no Concello, pero tres familias locais gozaron dunha axuda doble ao ter parto múltiple. Estas axudas constan de 300 euros por cada fillo ou filla nado neste 2018.
Con esta medida o Concello de Melide pretende axudar a aqueles veciños e veciñas que decidiron ter fillos neste 2018 e que están afincados en Melide, xa que un dos requisitos para poder optar a estas axudas é estar empadroado na vila cunha antigüidade de seis meses no momento de facer a solicitude e cun compromiso de non mudar esta situación por cinco anos.
Dalia García, alcaldesa de Melide, explicaba que “con esta contía queremos premiar á xente que ten fillos na vila e que decide quedarse quedarse a vivir nela. Somos coñecedores que un fillo ou filla ten moitos gastos e queremos aportar o noso pequeno gran de area aos nosos veciños”. “Na actualidade a nosa vila conta cunha gardería municipal e cunha Escola Infantil Galiña Azul, así como tamén con tres colexios e numerosos espazos de xogos para os máis cativos, estas axudas non son máis que un aliciente máis para facer de Melide unha vila idónea para as familias con fillos”.
García engadía que “nos primeiros meses do ano 2019 tamén convocaremos estas pequenas axudas para seguir premiando dalgún xeito a xente que ten fillos en Melide, xa nas contas do próximo ano está prevista esa contía e unha vez aprobadas faranse públicas a través dos diferentes medios de comunicación”. “Unha axuda que vén a complementar a Tarxeta Benvida, da Xunta de Galicia que pode solicitarse tamén dende o noso Centro de Información á Muller situado no centro social”, apuntaba a rexedora.