- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello reparte entre os comercios e veciños da vila o calendario do 2019
27/12/2018. A piques de rematar o ano 2018, o Concello reparte estes días xa o novo calendario da administración local para o 2019 entre os comercios. Os veciños e veciñas interesados en obter un exemplar poderán achegarse ata o Concello
MELIDE 27 de decembro de 2018.- A poucos días para o remate do ano, o Concello de Melide reparte estes días entres os comercios da vila calendarios do 2019 de xeito gratuito.
Os veciños e veciñas da vila tamén poderán conseguir o seu calendario achegándose ata as instalacións da Casa do Concello onde se lles facilitará un almanaque ata fin de existencias.
A temática do calendario do vindeiro ano profundiza este ano na relación entre o Camiño de Santiago e a lingua ao seu paso por Melide. Tal é así, que o título do almanaque deste ano é “Camiño e lingua, esencia de Melide”.
O calendario está elaborado polo servizo de Normalización Lingüística que comparten os concellos de Melide, Toques, Santiso e Palas de Rei e está composto por 12 láminas de imaxes do Camiño de Santiago ao seu paso por Melide e as súas parroquias, non faltan polo tanto xoias arquitectónicas locais como a ponte de Furelos, a ponte do Leboreiro, a igrexa de San María ou o cruceiro máis antigo de Galicia, entre outras. Cada folla, permitirá aos veciños e veciñas mirar os días festivos ou coñecer cales son as lúas correspondentes a cada mes, así como observar as imaxes que recollen a beleza do noso Concello.
Dende o Concello de Melide, a alcaldesa Dalia García anima a todos os veciños e veciñas a que se acheguen ata a casa consistorial para recoller o seu exemplar que poderán colgalo nas súas casas durante todo o vindeiro ano.