- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A San Silvestre de Melide volve ser solidaria para despedir o 2018
27/12/2018. A Asociación Deportiva Cerne organiza de novo este ano a última carreira do ano na vila coa que colabora o Concello. A San Silvestre, volverá a ser solidaria para os melidenses que colaborarán con alimentos para Cáritas Parroquial
MELIDE 27 de decembro de 2018.- A Asociación Deportiva Cerne Melide organiza de novo este ano a derradeira carreira do ano na vila. Será o luns 31 de decembro e como en anos anteriores terá un marcado carácter solidario.
Aquelas persoas interesadas en participar nesta proba deportiva, non competitiva, que se celebrará o último ano 2018 terán que conseguir o seu dorsal achegando alimentos non perecedoiros a un stand que se situará na praza do Convento da vila durante a mañá do vindeiro luns. Ese será o único requisito para poder correr a San Silvestre melidense.
Haberá dúas categorías, unha para os nenos cun percorrido de 800 metros e outros para os adultos, cuxo traxecto será de 3000 metros. A carreira dos nenos será ás 16.30h e a dos adultos ás 17h da tarde. As dúas carreiras sairán da praza do Convento de Melide.
Dende o Concello de Melide un ano máis apoiase esta inciativa xa que é unha das mellores maneiras de rematar o ano, todos os veciños e veciñas saíndo á rúa para facer deporte polo casco antigo. Unha iniciativa na que cada ano participan máis persoas que se achegan á vila para rematar o ano deste xeito.