Novas

Máis novas

O Concello de Melide informa ao sector da hostalería sobre a actualización da Ordenanza que regula as terrazas

06/07/2017. O último pleno levou a cabo a aprobación da modificación da Ordenanza das terrazas que está a exposición pública. O goberno local modificou a Ordenanza existente xa que se quedaba obsoleta na actualidade para dar cabida ás diferentes características de cada local

O Concello de Melide informará a todos os responsables de locais da hostalería da vila da actualización da Ordenanza que regula as terrazas exteriores. A norma, que está en vixencia dende hai anos, ten agora novas modificacións para tratar de adaptar todas as peculiaridades dos establecementos que foron xurdindo co paso do tempo.

 

A alcaldesa de Melide, Dalia García, di que “ a última Ordenanza que existía non se adaptaba ás problemáticas actuais e recollía un regulamento menos extensivo”. “Por unha banda era necesario recoller novas casuísticas e por outra, dar resposta ás adaptacións lexislativas que son necesarias dada a publicación da Lei 9/2013”, concluía García.

 

O Concello de Melide informará sobre a pertinente Ordenanza para que todos os locais da hostalería teñan coñecemento da nova norma e poidan reorganizar as súas terrazas para cumplila. Dende o ente local afirman que “é necesario que se cumpla a Ordenanza vixente xa que é positivo tanto para os hostaleiros como para os veciños e veciñas de Melide que paseas polas nosas rúas nos días de verán”.  

 

A actualización da nova Ordenanza das terrazas do Concello de Melide contempla sancións para aquelas persoas que non a cumplan xa que como explicaba a rexedora “trátase dunha norma que beneficiará a todos e ten como obxetivo a ordenación do dominio público”.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp