Novas

Máis novas

A alcaldesa reunirase cos veciños do Rañado e Santa María para informalos das obras de saneamento

23/10/2017. A xuntanza terá lugar no salón de Plenos do Concello de Melide o mércores 25 de outubro ás seis da tarde. A rexedora melidense, Dalia García, quixo ser ela mesma a encargada de expoñer de primeira man á veciñanza desta zona o proxecto de saneamento que se vai a realizar na mesma. As obras terán un custe de 175.000 euros.

Dalia García, a alcaldesa de Melide, ten prevista unha reunión informativa cos veciños e veciñas de Santa María- O Rañado o mércores 25 de outubro ás 18h da tarde no salón de Plenos da Casa Consistorial. O motivo non será outro que, mantelos informados sobre as obras de saneamento que se levarán a cabo nesta zona. A rexedora melidense, quixo ser ela mesma a encargada de expoñer de primeira man á veciñanza desta zona o proxecto de saneamento que se vai a realizar na mesma. As obras terán un custe de 175.000 euros. 

A mellora do saneamento en Santa María-O Rañado, é unha actuación de Augas de Galicia en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia respondendo así á petición que realizaba Dalia García, alcaldesa da vila no pasado ano 2016 á titular deste departamento, Beatriz Mato. “Unha vez realizados todos os trámites técnicos necesarios, quero explicarlles aos veciños e veciñas o proxecto así como pedir a súa colaboración para o discorrer das obras, trátase dunha obra moi demandada polos veciños e que agora vai ser unha realidade”, explica a rexedora melidense. 

A alcaldesa de Melide, convocou a todos os veciños e veciñas da zona de O Rañado e Santa María a través dunha carta para o mércores 25 de outubro ás 18h da tarde no salón de Plenos a unha xuntanza informativa na que explicará de primeira man o proxecto de saneamento que se vai a levar a cabo, para resolver así as súas dúbidas e explicarlles pormenorizamente o proxecto que se vai a executar. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp