Novas

Máis novas

O Concello e a hostalería local promoven o ocio responsable en fin de ano

27/12/2018. Un ano máis, o Concello colabora coas asociación da hostalería local, para promover o ocio responsable o vindeiro luns. Así, establécense diferentes rutas en autobús para evitar coller os turismos propios esa noite festeira

MELIDE 27 de decembro de 2018.- O Concello de Melide, dentro do convenio asinado coa Asociación da Hostalería Melide Móvese destina unha parte económica a colaborar con esta entidade para promover o uso responsable do transporte nunha noite como será a do vindeiro luns, a última noite do ano.

Tal é así, que no convenio asinado hai meses coa Asociación da Hostalería melidense, existe unha parte que se destinará para axudar a completar os gastos que se deriven do servizo de autobús para fomentar un uso responsable dos vehículos nunha noite tan transitada como é a noite de fin de ano.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explica que “dende o Concello de Melide sempre promovemos estas campañas conxuntamente coa Asociación da Hostalería Melide Móvese debido a que se trata de poñer todo da nosa parte para que a nosa vila teña ocio de calidade e responsable”.

O Concello de Melide a maiores de colaborar coa asociación melidense nesta iniciativa, tamén o fai por medio do convenio asinado este ano con outras campañas que axudan a fomentar o galego ou proxectos que se levan a cabo destinados a aunar as iniciativas da hostalería na vila impulsando sempre un ocio nocturno de calidade e responsable.

MELIDE VIAXEIRO

A Asociación da Hostalería en colaboración co Concello de Melide poñerá en marcha un total de oito rutas diferentes que unirán parte de Galicia co cerne durante a noite de fin de ano. Sairán autobuses cara Melide dende Friol, Teixeiro, Chantada, Monterroso, Curtis, Santa Cruz Ribadulla, Antas de Ulla e Arca. Os prezos para usalos oscilan entre os 5 e 12 euros dependendo do lonxe que se atopen as poboacións de Melide. As horas de saídas dende os diferentes puntos e de regreso dende o Cantón de San Roque, serán diferentes dependendo da ruta elixida. Toda a información pode atoparse no facebook da Asociación da Hostalería Melide Móvese.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp