- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Galicia Calidade certifica os melindres, ricos e amendoados da Tahona de Melide
19/12/2018. A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, xunto coa alcaldesa da vila, Dalia García, entregaron a acreditación á Tahona, que se converte na primeira en contar co selo de garantía dos doces tradicionais melidenses
MELIDE 19 de decembro de 2018.- A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, xunto coa alcaldesa de Melide, Dalia García, fixeron entrega hoxe do distintivo de garantía á empresa melidense Tahona de Melide, unha empresa que aposta por manter a tradición dos doces da comarca sen deixar de lado a innovación, a mellora na comercialización e a aposta pola tecnoloxía.
Con este recoñecemento, a empresa conta co selo para os seus produtos elaborados no seu obradoiro como os melindres, os ricos e os amendoados, elaborados a base de manteiga, ovos e fariña. No establecemento, que iniciou a súa actividade nos anos 30, está situado no Camiño Francés.
A directora xeral de Comercio e Consumo agradeceu a aposta do Concello de Melide e da Tahona en particular por promocionar e resaltar un produto tan arraigado á tradición e tan valorado polos miles de peregrinos que cada ano pasan pola localidade. Con este recoñecemento, “os melindres poden chegar a novos mercados, avalados pola garantía que lles outorga o selo de Galicia Calidade”.
Pola súa banda, Alfonso Cabaleiro, destacou a importancia do sector alimentario dentro da marca. Con esta incorporación, destacou, “sumamos un novo produto tan representativo como o melindre, a unha lista tan completa como a que contamos, ovos, pescada, viño ou polo, entre outros”.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, apuntaba que “afortunadamente Melide conta xa cun selo de calidade relacionado cos seus doces tradicionais, ricos, melindres e amendoados, a galardoada foi a Panadería Tahona que leva máis de 80 anos de existencia, unha certificación que engade valor a uns produtos que xa de por sí o teñen xunto co agarimo que son feitos”.
Con esta incorporación o selo de certificación Galicia Calidade suma máis de 400 produtos e servizos de 111 empresas galegas. Na comarca de Melide, a Tahona convértese na primeira empresa que na actualidade conta cos seus produtos certificados.