Novas

Máis novas

O alumnado do centro ocupacional remata os traballos do belén da igrexa

18/12/2018. Como cada ano por estas datas, o alumnado do centro ocupacional de Melide realizou os traballos de colocación do belén tradicional que se instala na entrada da igrexa parroquial para crear ambiente festivo a estas altura do ano

MELIDE 18 de decembro de 2018.- Membros do equipo de goberno así como o párroco da vila, José Manuel Melli, compartiron esta mañá cos rapaces e rapazas do centro ocupacional de Melide nunha xornada diferente de finalización dos traballos realizados para a colocación do tradicional belén na igrexa parroquial.

A maiores da famosa foto, que cada ano se realiza coa finalización dos traballos, o alumnado puido compartir co párroco local e coa alcaldesa de Melide, Dalia García e membros do seu goberno un almorzo, en recompensa polo traballo ben feito. Trátase dun agarimo que ten cada ano o párroco melidense cos rapaces e rapazas por realizar de maneira altruista este traballo que loce dende hoxe na entrada da igrexa de San Pedro de Melide.

Os rapaces e rapazas do centro ocupacional de Melide encaran a última semana de actividades do ano xa que dende o vindeiro venres 21 de decembro, descansarán uns días coas vacacións de Nadal, para comezar de novo o vindeiro ano coa normalidade.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp