Novas

Máis novas

Melide adhírese á campaña para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos

17/12/2018. O Concello de Melide, adhírese á campaña da Xunta para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas. A campaña leva por nome “Xoguetes para a igualdade”. O material da campaña pode atoparse nops edificios públicos

MELIDE 17 de decembro de 2018.- O Concello de Melide adhírese á campaña da Xunta de Galicia  “Xoguetes para a igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo”, que se lanza en colaboración cos Bolechas de cara o Nadal.

Ao abeiro desta iniciativa distribuiranse carteis e marcapáxinas cun decálogo de consellos, que se distribuirán nos diferentes concellos galegos adheridos á campaña. En Melide, esta información pode consultarse nos edificios públicos da localidade.

A finalidade da campaña é sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, e loitar así contra os estereotipos de xénero que aínda persisten entre as xeracións máis novas.

DECÁLOGO DE CONSELLOS

O decálogo que se inclúe nos carteis e marcapáxinas inclúe unha serie de consellos de utilidade á hora de escoller un xoguete para a igualdade. Así, entre outros aspectos, destacase a necesidade de non facer diferenzas á hora de escollelos, nin pensar que hai cores máis axeitados para un ou outro sexo.

Ademais, tamén se fai fincapé en que é positivo decantarse por produtos que fomenten relacións colaboradoras e favorezan a imaxinación, libre de prexuízos sexistas. Do mesmo xeito, recomenda optar por xoguetes, xogos ou libros nos que se nomee e estean presentes tanto nenas como nenos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp