- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melloras na escola infantil municipal de Melide cunha axuda da Xunta
14/12/2018. A escola infantil municipal foi beneficiaria dunha axuda da Xunta, a través da súa Consellería de Política Social cun total de 34.915 euros para realizar obras de mellora, accesibilidade e adquisición de novo equipamento
MELIDE 14 de decembro de 2018.- A escola municipal do Concello de Melide recibiu unha axuda por valor de 34.915 euros para realizar diferentes melloras. Trátase dunha axuda que provén da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Así, o Concello de Melide, levou a cabo melloras na escola municipal en canto a accesibilidade do edificio e do equipamento para o desenvolvemento da actividade, incluida a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico para o xogo. Esta axuda, tamén permitiu ao edificio que alberga a escola municipal dotarse de conexión a internet e compra de dispositivos, como ordenadores ou encerados dixitais, para a integración das novas tecnoloxías na aula.
Dalia García, a alcaldesa de Melide, agradecía esta aportación da Xunta de Galicia para mellorar as instalacións da escola infantil municipal, un servizo moi utilizado polos veciños e veciñas de Melide, que teñen nesta infraestrutura municipal unha oportunidade para a súa conciliación laboral e familiar.