- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
As rúas e prazas de Melide engalánanse para recibir o Nadal
13/12/2018. Melide prepara as súas rúas e prazas para o Nadal. As rúas xa están totalmente iluminadas, o buzón real e o belén xa están instalado nos baixos do Concello e unha árbore xigante recibe e veciños e visitantes na praza do Convento
MELIDE 13 de decembro de 2018.- O Concello de Melide ten xa preparadas as súas rúas e prazas para as celebracións de Nadal. Así, dende hai uns días, estes lugares lucen xa co típico alumeado de Nadal que sumerxe a veciños e visitantes nun ambiente máxico propio destas datas que favorece a dinamización do concello desde o punto de vista comercial, hostaleiro e turístico.
Por outra banda, tamén se colocaron acibros no casco antigo de Melide que contribúen á ambientación propia destas datas. A maiores tamén se entregaron aos establecementos comerciais da vila abetos con lazos que completan a decoración de Nadal.
BELÉN E BUZÓN REAL NA CASA DO CONCELLO
O Nadal é tamén tempo de adoración dos diferentes beléns que se intalan en diversas partes de Melide. Un dos que máis éxito de afluenza ten é o instalado nos baixos da Casa do Concello de Melide, elaborado por parte do equipo de Obras municipal.
Como acontece todos os anos, o Concello de Melide ten xa colocado na entrada da casa consistorial un buzón de real, onde os veciños e veciñas poden depositar as súas peticións para as tres maxestades. Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán na tarde do 5 de xaneiro a Melide e recollerán todas as cartas que conteña no seu interior este buzón real.