- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello asina a cesión do terreo para o novo centro de saúde ao Sergas
13/12/2018. A alcaldesa de Melide e a directora xeral de recursos económicos do Servizo Galego de Saúde, asinaron hai uns días ante notario a cesión do terreo por parte do Concello ao Sergas, onde se construirá o novo centro de saúde
MELIDE 13 de decembro de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto con María Jesús Piñeiro, directora xeral de recursos económicos do Servizo Galego de Saúde, veñen de asinar ante notario a cesión do terreo onde se construirá o novo centro de saúde en Melide. O Concello de Melide cede así a escritura pública á administración autonómica para que inicie os trámites necesarios para que o centro de saúde da vila sexa unha realidade.
Con este feito, dase validez a un acordo do Pleno Extraordionario Urxente do pasado 14 de agosto, cando o Concello de Melide cedía unha única parcela, despois da fusión das tres anteriores, o terreo para a relización do novo centro de saúde. Este trámite acordado en Pleno, non tería validez den o seu reflexo xurídico. Así, a alcaldesa de Melide, Dalia García, reúniase esta semana con María Jesús Piñeiro, a directora xeral de recursos económicos do Sergas para materializar legalmente este acordo.
A rexedora melidense apunta que “a sinatura perante notaria deste acordo tamén é sinal de que o expediente é correcto e sinal tamén de que esas fincas xa forman parte do patrimonio do Sergas e deixan de ser de titularidade municipal”. “Tamén damos cumprimento real e efectivo das cláusulas do convenio asinadas no seu momento co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, en febreiro de 2016, e por outra banda otorgamos seguridade xurídica o aprobado en agosto no Pleno”, engade Dalia García.
O seguinte paso será iniciar a licitación do proxecto de obra do futuro centro de saúde en Melide que está en mans xa da Xunta de Galicia á espera da entrega do proxecto de execución por parte da Consellería de Sanidade nos próximos días, tal e como puido saber a alcaldesa de Melide esta mesma semana nunha xuntanza de traballo mantida con técnicos e responsables da administración, despois da sinatura da escritura.