Novas

Máis novas

Bo balance das xornadas gastronómicas “Con caldo, pan e viño faise o Camiño”

10/12/2018. O Concello de Melide, xunto coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, puxeron en marcha en Melide as xornadas gastronómicas “Con caldo, pan e viño faise o camiño” unha iniciativa que puxo en valor o caldo galego

MELIDE 10 de decembro de 2018.-  O Concello de Melide puxo en marcha dentro das súas actividades para o mes de decembro unhas xornadas gastronómicas de degustación de caldo galego baixo o lema “Con caldo, pan e viño, faise o Camiño”. Esta iniciativa levouse a cabo dende o 5 ao 9 de decembro a través dos diferentes locais de hostalería ubicados na zona antiga.

Foron un total de 18 bares que ofreceron caldo galego como tapa durante os días das xornadas na que se promocionou a gastronomía de Melide, como concello dinamizador do Camiño de Santiago. Dalia García, a alcaldesa de Melide, explicaba que “un ano máis participamos cunha iniciativa atractiva dentro da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, poñendo en valor a nosa hostalería e o noso turismo”.

Trátase dunha actividade que se enmarcou dentro do itinerario gastronómico que se organiza dende a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés para dar a coñecer os produtos típicos dos municipios que forman parte deste colectivo.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp