- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide convida á veciñanza ao visionado do filme “Miña”
10/12/2018. O Concello de Melide e dentro das actividades programadas para conmemorar o 25N na vila, organiza este martes 11 de decembro o visionado do filme “Miña” que se proxectará na sala de conferencias do edificio multiusos
MELIDE 10 de decembro de 2018.- O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Igualdade e Benestar Social, organiza a proxección do visionado “Miña”, dentro das actividades que se levan a cabo para a conmemoración do 25N neste 2018.
A cita será ás 17.30h na sala de conferencias do edificio multiusos onde se realizará o visionado da curtametraxe “Miña” rodada en Vigo e que ten como principal obxetivo facer reflexionar ao público sobre a violencia de xénero. Unha vez que remate o pequeno filme, os asistentes poderán participar nunha charla coloquio.
A proxección desta curtametraxe é posible gracias ao acordo de colaboración asinado entre o Concello de Melide como integrante da rede de entidades locais contra a violencia de xénero e a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias.