- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A igrexa de San Pedro celebra os 25 anos como Patrimonio Mundial do Camiño
07/12/2018. A fachada da igrexa de San Pedro ilumínase estas días pola noite para celebrar a efemérite dos 25 anos do Camiño Francés como Patrimonio Mundial. Nesta iniciativa participan unha decena de monumentos que se atopan neste Camiño
MELIDE 7 de decembro de 2018.- A fachada da igrexa de San Pedro de Melide, atópase entre a decena de monumentos que se ubican no Camiño Francés e que estes días se iluminan para celebrar 25 anos como Patrimonio Mundial.
Trátase dunha iniciativa que se pon en marcha dende a Consellería de Cultura e Turismo, que dende o pasado mércores e ata o próximo martes día 11, preto dunha decena de monumentos da Ruta Xacobea iluminaranse para sumarse a esta efeméride.
Todos eles variarán a súa habitual instalación lumínica e vestiranse coas cores características do Camiño de Santiago. Cada noite ao longo de seis xornadas, iluminaranse en tons azuis e proxectarase sobre eles a popular frecha amarela, o símbolo que guía aos peregrinos nos distintos itinerarios e que resultou clave na recuperación contemporánea deste fenómeno.
Esta acción especial terá lugar en varios dos monumentos máis emblemáticos do Camiño Francés, en diferentes concellos, dando un carácter global á conmemoración.
Galegos e peregrinos poderán así ser partícipes dun aniversario que marcou un antes e un despois para o Camiño de Santiago, ata a súa dimensión e recoñecemento actual, como un dos itinerarios de peregrinación máis universais que contribuíu decisivamente á protección e conservación do seu patrimonio e ao desenvolvemento socioeconómico da Comunidade.