- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melloras na pavimentación dos viarios de servizo no Coto e no Barreiro
04/12/2018. As pistas secundarias, utilizadas en moitas ocasións como viarios de servizo do Coto e do Barreiro están sendo obxeto de mellora. O Concello anuncia que estas obras están a piques de rematar e son de moita relevancia para a vila
MELIDE 4 de decembro de 2018. – As pistas secundarias, que cumpren o papel de viarios de servizo no Coto e no Barreiro, están sendo estes días obxeto de mellora. O seu pavimento está sendo arranxado e mellorado debido ao deterioro que sufría polo desgaste do paso do tempo.
As obras do Coto realizáronse na antiga vertente coa nacional 547. Unha actuación de moita importancia xa que en palabras da rexedora melidense “é un treito que colinda co Camiño de Santiago na súa entrada ao Concello de Melide e neste lugar hai negocios diferentes, moitos deles da hsotalería que teñen moito tránsito, que o supón unha mellora para os veciños e visitantes e tamén na eliminación dos problemas existentes na zona de canalización de augas”.
Estas melloras no lugar de O Coto están sendo executadas na vertente antiga da nacional 547, no límite de provincias entre A Coruña e Lugo, onde se presentaba un firme moi derruido. Esta estrada é moi utilizada como vía de cambio de sentido para regresar ao núcleo urbano de Melide ou ben para incorporarse á nacional dirección Lugo.
Esta demanda de mellora dos viarios secundarios do Coto, Furelos e o Barreiro foi trasladada pola alcaldesa de Melide, Dalia García, ao Ministerio de Fomento en Galicia hai xa un tempo. A petición da alcaldesa foi ben recibida polo ministerio xa que a maiores das actuacións que se están executando (O Coto e o Barreiro), as melloras do viario de Furelos xa están rematadas. Este último serve de acceso á parroquia e é utilizada como o principal acceso á praia fluvial do río Furelos.