- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Preto de 900 persoas visitaron en novembro a oficina de turismo de Melide
03/12/2018. A oficina de turismo do Concello de Melide situada na parroquia de Furelos, vén de recibir este mes un total de 866 visitantes na súa chegada á vila para coñecer máis da nosa gastronomía, a nosa cultura e o noso patrimonio
MELIDE 3 decembro de 2018.- As técnicas de Turismo do Concello de Melide veñen de facer balance dos datos que deixa o mes de novembro en canto a visitas se refire. As cifras son as seguintes: preto de 900 persoas foron as que se achegaron á oficina de Turismo, situada na parroquia de Furelos, ao longo do pasado mes. Raquel Sexto, unha das técnicas de turismo da localidade explica que “tivemos unha media de 30 persoas diarias”.
Durante o mes de novembro, visitaron esta oficina un total de 866 persoas das cales 413 persoas foron de españolas, 179 procedentes de diferentes países de Europa e 274 de ouros países do mundo.
En canto aos visitantes de nacionalidade española, proceden de Madrid, Cataluña, Andalucía, Valencia e Baleares. No referente aos europeos, proceden maioritariamente de Italia, Alemaña, Francia, Reino Unido e Irlanda. No que corresponde ao resto do mundo, ás persoas achéganse a Melide na súa maioría estadounidenses, latinoamericanos (mexicanos, colombianos, arxentinos e brasileiros), coreanos e xaponeses.
INCREMENTO DE VISITANTES CON RESPETO AO 2017
Pese á mala meteoroloxía e que novembro xa non é un mes de moitos rutistas e peregrinos, a oficina de turismo de Melide rexistrou un incremento de visitantes con respeto ao mesmo mes pero do ano pasado, cun 21.8% máis de persoas que se achegaron ata a oficina.
Por outra banda, e tal e como apuntan dende a oficina de turismo de Melide, é o primeiro mes que se rexistran máis visitantes homes que mulleres facendo o camiño.