- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Xornada de respiro para máis de medio centenar de mulleres en Melide
03/12/2018. Veciñas de idades diferentes participaron este sábado nunha xornada de respiro organizada polo Concello de Melide. Esta actividade enmárcase dentro das actividades que se organizan para a conmemoración do 25N na vila melidense
MELIDE 3 de decembro de 2018.- Máis de medio centenar de mulleres de Melide participaron este pasado sábado nunha xornada de respiro que organizou o Concello, a través da súa Concellería de Igualdade e Benestar Social.
Trátase dunha iniciativa que completou todas as súas prazas, e mesmo houbo lista de agarda, debido á boa acollida que tivo entre as mulleres de Melide. O mesmo acontecía o ano pasado, cando esta iniciativa volvía tamén a repetir o éxito desta pasada fin de semana.
As mulleres xuntáronse a carón da capela de San Roque, onde un autobús as trasladaou ata o Balneario Río Pambre. Alí, todas as participantes compartiron unha xornada diferente e alternativa ao seu día a día. Comezaron coa terapia acuática e en terra, compartiron un xantar de confraternidade e participaron na chalar “Diversidade afectivo sexual e de xénero”.
A xornada de respiro rematou a última hora da tarde onde as participantes compartirán un anaco do seu tempo co coñecido monologuista galego, Isi. Todas as mulleres tiveron un agasallo de recordo da xornada, elaborado polos rapaces e rapazas do Centro Ocupacional de Melide, como sucedía tamén, o ano pasado.
A rexedora melidense, Dalia García, amosábase satisfeita pola boa acollida que tivo, por segundo ano consecutivo esta actividade organizada dende a concellería de Igualdade do Concello de Melide xa que “quedaron veciñas en lista de agarda por falta de prazas dispoñibles”. García explica que “dende o departamento de Igualdade do noso concello seguirase traballando sempre en actividades que teñan como obxetivo a erradicación da violencia de xénero, unha lacra coa que convén rematar o máis rápido posible”.