- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Comezan os traballos para o remate das obras nas pistas dos Ánxeles e Cazallas
01/12/2018. Están a piques de rematar as obras de mellora da pista das Cazallas, iniciouse nesta semana a pista que une o lugar de Garceiras, atravesa a parroquia de Os Ánxelas e a comunica coas Cazallas. Son sufragadas con cartos municipais
MELIDE 1 de decembro de 2018.- O Concello de Melide vén de anunciar que estes días comezaron os traballos de limpeza de cunetas na pista dos Ánxeles dende o lugar de Garceiras e ata as Cazallas. Trátase dunha actuación que se levará a cabo con fondos municipais.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, fai especial fincapé en que “estas obras dan continuidade a política coa que traballa o noso equipo de goberno, de aglomerar en quente os principais accesos aos núcleos de poboación”. “Entendemos que os veciños e veciñas do rural melidense teñen que ter as comodidades adecuadas para poder garantir unha boa calidade de vida nas zonas máis alonxadas ao casco urbano”, di García.
Esta obra de limpeza de cunetas, contribuirá a facer un cordón de pavimentación duradeira en dúas das parroquias, Cazallas e Os Ánxeles, máis achegadas ao centro de Melide, así como a creación de áreas seguras para peatóns coa delimitación de sendas, como é o exemplo do acceso ás Cazallas. Obras que dan continuidade a melloras nas pistas destas parroquias con pavimentación de aglomerado en quente que contribuen a crear un espacio para peóns seguro, que é utilizado por veciños e veciñas no seu día a día para a práctica do senderismo ou o running.
OBRAS EN FURELOS
Por outra banda, o Concello de Melide realiza melloras de acondicionamento no pavimento de acceso a varios lugares da parroquia de Furelos. “Estas obras seguen a bo ritmo, coa excepción do denominado Camiño da Cal, que por mor das malas condicións meteorolóxicas as melloras con aglomerado en quente nesta zona non rematarán ata que pasen as choivas segundo os informes técnicos da dirección de obra”, conclúe a rexedora.