Novas

Máis novas

Medio Rural destina á Comarca máis dun millón para explotacións agrícolas

29/11/2018. A Comarca da Terra de Melide beneficiouse de máis dun millón de euros en axudas da Consellería de Medio Rural para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a incorporación de agricultores mozos

MELIDE 29 de novembro de 2018.- A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, destinou á Comarca da Terra de Melide máis dun millón de euros a través da Orde de subvencións para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a incorporación de agricultores mozos.

Na Comarca da Terra de Melide, beneficiáronse desta axuda para agricultores novos un total de 15 explotacións cun total de 420.000 euros e para os plans de mellora dentro das súas gandeirías as empresas beneficiarias foron 20 cun orzamento total que ascende a 993.074 euros.

Entre os gastos que se podían subvencionar nesta esta orde están a compra de nova maquinaria, gastos para a elaboración de proxectos técnicos de construción ou reforma das explotacións, permisos, licenzas, plantación e mellora de cultivos, compra de novos terreos e adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos. Ademais, nesta orde tamén se apoia economicamente a incorporación de mozos ás actividades agrarias e gandeiras, co fin de fomentar o relevo xeracional nas explotacións.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp