Novas

Máis novas

Melide ofrece información da campaña de prevención de riscos no tractor

28/11/2018. O Concello de Melide é un dos 208 concellos galegos que se adheriu á campaña de prevención de riscos no tractor da Xunta de Galicia co obxetivo de ofrecer aos veciños información sobre como previr os accidentes co tractor

MELIDE 28 de novembro de 2018.- O Concello de Melide vén de recibir información a través de cartelería de trípticos para a prevencións de riscos co manexo do tractor. Trátase dunha campaña que pon en marcha a Xunta de Galicia e que ten especial incidencia nos concellos do rural galego e que está dirixida non só á poboación traballadora senón tamén ao resto dos cidadáns que utilizan o tractos para desenvolver actividades no ámbito da familia.

Esta campaña, xira en torno a tres eixos principais: alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros, informando de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros; informar de cales son as causas máis habituais; e achegar as recomendacións básicas, que de terse sempre en conta, evitarían os accidentes ou, polo menos, minimizarían as súas consecuencias.

En Melide, a cartelería informativa pode atoparse no Concello, centro de saúde e centro social, colexio, institutos, etc…en edificios públicos onde esta información está visible para poder ser vista por aquelas persoas que no seu día a día utilizan o manexo do tractor.

Na documentación recóllese información técnica en catro ámbitos que se consideran os máis relevantes na prevención dos riscos neste eido: a seguridade viaria, a protección de toma de forza e do eixo cardánico, as proteccións do tractor fronte a envorcadura e medidas contra a envorcadura.

A campaña vai dirixida non só á poboación traballadora senón tamén ao resto da cidadanía que utiliza o tractor en actividades no ámbito familiar. No que vai de ano, dos 18 sinistros mortais rexistrados ningún tivo lugar no ámbito do traballo. A gran maioría destes sinistros, en palabras da secretaria xeral, prodúcense entre persoas maiores de 65 anos, sendo as principais causas as envorcaduras, atrapamentos e accidentes de circulación. Así mesmo, a iniciativa vai destinada á poboación máis nova co obxectivo de que incorporen o valor da anticipación ao risco como xeito de evitar os perigos e os accidentes no manexo do tractor. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp