- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Ruralizarte! Potencia a creatividade dos mozos e mozas do rural no albergue xuvenil Furelos
14/07/2017. O programa levarase a cabo ata o vindeiro domingo no albergue xuvenil de Furelos, unha segunda quenda terá lugar en Palas de Rei e o evento final será en Ríos a mediados de agosto. Os participantes tiveron que realizar un casting previo para poder participar desta experiencia
Dende o pasado mércores e ata o vindeiro domingo, Melide será sede para o desenvolvemento do programa Ruralizarte! unha serie unha serie de xornadas de convivencia creativas orientadas como master class coa implicación de artistas galegos. Están destinadas a un total de 14 mozos e mozas entre os 12 e os 17 anos que, divididos en dous grupos de convivencia, compartirán durante catro días experiencias nos albergues xuvenís de Melide –do 12 ao 16 de xullo,a primeira quenda- de Palas de Rei –do 28 de xullo ao 1 de agosto, a segunda-.
Os dous grupos xuntaranse no albergue de Riós do 10 ao 14 de agosto para participar no décimo festival de artes escénicas que se celebra en Riós, momento no que os mozos e mozas amosarán o aprendido durante as convivencias.
Ruralizarte! busca fomentar a creatividade e talento xuvenil, potenciar o rural galego, promover e desenvolver a intelixencia emocional e as capacidades artísticas, así como apoiar a adquisición de competencias e capacidades dos máis novos en disciplinas escénicas como as artes plásticas, a interpretación, a música e o baile.
Dalia García, apuntaba que " esta iniciativa aportará aos participantes unha experiencia na que aprenderán a compartir e a cooperar así como valores como a implicación en proxectos e a responsabilidade, que son algunhas das habilidades que lles servirán no seu futuro persoal e profesional como persoas adultas
Ruralizarte! permitirá poñer en valor o rural galego como ámbito cultural, económico e social vivo e con futuro.Unha experiencia que permitirá tamén aos nenos participantes coñecer diferentes iniciativas de emprendedores no rural.