Novas

Máis novas

Actividades en igualdade para todas as idades conmemoran o 25N en Melide

27/11/2018. O Concello leva a cabo diferentes actividades para conmemorar o 25N. Así, o propio día, o pasado domingo, varios talleres tiveron lugar na praza do Convento para grandes e cativos. As actividades continuarán no mes de decembro

MELIDE 27 de novembro de 2018.- Os veciños e veciñas de Melide tiveron a oportunidade de participar o pasado domingo en numerosas actividades organizadas polo Concello de Melide, baixo o lema “Latexando pola Igualdade”. Así, o pasado domingo, e o propio día do 25N, día contra a eliminación da violencia de xénero, na praza do Convento, en diferentes carpas, os veciños e veciñas de todas as idades puideron gozar de diferentes talleres e obradoiros que tiñan como principal obxetivo, educar na igualdade.  Así, dende as 11.30h e ata as 14.30h obradoiros de cociña, chapas, imáns, slim antiestrés, etc.. sucedéronse na praza do Convento, dirixidos a persoas de todas as idades.

Tamén se puxo en marcha por parte do Concello de Melide para conemmorar este día tan fixado no calendario, foi a iluminación da fachada da casa consistorial de cor morado, que se mantivo dende o pasado xoves e ata hoxe martes.

 Por outra banda, e seguindo a tónica de anos anteriores, o Concello de Melide tamén convoca este anos a todas as mulleres da vila e do rural a participar na xornada de respiro que terá lugar no Hotel Balneario Río Pambre o sábado 1 de decembro. Como é habitual, as mulleres poderán participar nesta iniciativa baixo inscrición previa nas dependencias municipais xa que existe límite de prazas.

A proxección da curtrametraxe “Miña” será outra das actividades que se engloba na programación para conmemorar o 25N. A cita con este visionado e posterior charla-coloquio será o martes 11 de decembro no edificio multiusos, unha actividade dirixida ao público en xeral.  

 O Concello de Melide dende o seu departamento de Igualdade e Benestar Social traballou coa biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor para poñer en marcha unha iniciativa pioneira na nosa vila no referente á igualdade e a lectura.

 Así e como accións para a conmemoración do 25N este ano, poñen a disposición de todos os veciños e veciñas guías de lectura a favor da igualdade na biblioteca pública como unha ferramenta para cativos e para pais e nais de reflexión e de concienciación fronte á violencia de xénero. Estas guías de lectura poden ser consultadas polos veciños e veciñas nas bibliotecas dos centros escolares o una propia biblioteca municipal. 

 

Por outra banda e con este único obxetivo de concienciar á poboación mediante a lectura, tamén serán colocados diferentes vinilos no chan dos edificios públicos onde se ofreza esa mesma información:  libros e autores que escriben a favor da igualdade e tratan esta problemática nas súas obras. Ao ser vinilos que estarán pegados ao chan chegaremos a máis xente que cando se colgan carteis en paredes e muros que moitas veces pasan desapercibidos.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, facía especial fincapé en que “no concello traballamos a reo día tras día para erradicar a violencia de xénero, non só o 25N, porque entendemos que os outros 364 días do anos tamén temos a responsabilidade de poñer todas as nosas ferramentas en marcha para tratar de concienciar a todos os sectores da sociedade sobre unha lacra que é necesario erradicar”.  




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp