Novas

Máis novas

Xuntanza de traballo cos corpos e forzas de seguridade coa alcaldesa de Melide

23/11/2018. A alcaldesa, Dalia García, mantivo unha xuntanza de traballo cos responsables dos corpos e forzas de seguridade da provincia co fin de analizar os últimos datos de delincuencia na vila. Reforzarase a zona do palacio de congresos

A alcaldesa de Melide, Dalia García, reuniuse cos corpos e forzas de seguridade a nivel provincial co fin de analizar os últimos datos de delincuencia na vila e no rural do concello melidense dende o pasado mes de agosto.

A rexedora, quen mantén un contacto periódico cos corpos e forzas de seguridad, analizou a situación existente no municipio en canto a este tema. Nesta última xuntanza Dalia García xunto con membros da Comandancia da Garda Civil da Coruña e co responsable do posto da Garda Civil de Melide profundizaron nos datos máis recentes no refrente a actos incívicos ocorridos na localidade. Igualmente inicouse o procedemento de colaboración interadministrativa en materia de seguridade entre os postos da Garda Civil de Melide e a policía local, a petición da Comandancia da Garda Civil da Coruña.

Pola súa banda, García, comunicou o incremento de pintadas no exterior do palacio de congresos e exposicións da vila,  “onde a pesar de que durante o ano pasado se instalou no nese recinto un sistema de videovixianza que está dando moi bos resultados, vixía só o interior co cal, reforzaremos nos exteriores desa zona a presenza de corpos e forzas de seguridade”.

A maiores, fixo especial fincapé no reforzo da seguridade os domingos xa que durante o afamado mercado da xornada dominicial Melide incrementa o número de visitantes. Tamén estudarán medidas pedagóxicas para unha seguridade preventiva entre os veciños.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp