- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello asina un convenio co Melide Fútbol Sala Feminino
23/11/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, e membros da directiva do Melide Fútbol Sala Feminino, veñen de asinar un convenio para a promoción deste deporte con nome de muller na nosa vila. Este equipo melidense formouse no ano 2015
MELIDE 23 de novembro de 2018.- O Concello de Melide vén de asinar un convenio co Melide Fútbol Sala Feminino para a promoción deste deporte. Este equipo nace no pasado ano 2015 como o feminino dun clube creado hai anos na vila pero que só tiña equipo masculino, como era o caso do Melide Fútbol Sala.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, e o presidente do equipo José Valcárcel, asinaron na mañá de hoxe un convenio por valor de 2.000 euros cos que se axudará dende o ente local á promoción do deporte feminino na vila. A rexedora explicaba que “é unha pequena axuda para este equipo que leva o nome de Melide por toda a xeografía galega e ao mesmo tempo é recibo apoiar os equipos femininos da nosa vila como se apoian aos mixtos ou masculinos”.
O Melide Fútbol Sala Feminino foi creado no ano 2015 e nel xogan un total de 11 rapazas de Melide e Comarca. Adestran dous días á semana e a competición é os sábados. Actualmente desputa a liga en primeira Galicia Sénior Feminina Grupo A Coruña. Fran Monterroso e Pablo Gómez, son os seus adestradores. O seu trofeo máis reseñable é que no pasado ano 2017 foron gañadores da Copa Cadete Galicia, un triunfo a nivel autonómico.