Novas

Máis novas

Concello de Melide e Cáritas Parroquial asinan un convenio de colaboración

23/11/2018. O Concello, como vén sendo habitual ano tras ano, asinou un convenio de colaboración con Cáritas Parroquial. O obxetivo que pretende este documento é achegar unha pequena cantidade económica para os máis desfavorecidos

MELIDE 23 de novenmbro de 2018.- O Concello de Melide, na figura da súa alcaldesa Dalia García, vén de asinar un convenio de colaboración con Cáritas Parroquial da vila.

Foi un dos párrocos melidenses, José Manuel Melli quen xunto coa rexidora rubricou este acordo  entre o organismo municipal e Cáritas. A contía total do convenio é de 3.000 euros que o Concello de Melide destina das súas arcas municipais para as persoas con menos recursos da vila.

“É un convenio que se renova ano tras ano”, explica a alcaldesa de Melide “xa que como institución pública non podemos facer oídos xordos fronte aquelas persoas da nosa vila que están pasando unha mala racha ou que permanecen nunha situación máis desfavorecida”. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp