Novas

Máis novas

O Concello aconsella aos veciños revisar as chemineas para evitar incendios

23/11/2018. O Concello de Melide quere facer un chamamento aos veciños e veciñas que teñan nas súas casas instaladas chemineas. Recollendo o bo consello do 112 Galicia recomenda á veciñanza manter limpos estos espazos para evitar incendios

MELIDE 23 de novembro de 2018.- O Concello de Melide vén de coller o bo consello do 112 Galicia no que se dan as pautas fundamentais para evitar incendios nos fogares debido a unha mala limpeza das chemineas, agora coa chegada deste tempo frío e cando se empezan a usar de maneira asidua por parte dos veciños e veciñas.

Dentro desta campaña, na que se aconsella aos veciños e veciñas que independente da modernidade das súas chemineas a necesidade de telas limpas para evitar posibles incendios.

Dende o Concello de Melide, explican que unha cheminea sucia, pode ser causa de incendio, ou que unha acumulación excesiva de feluxe no conduto de fumes pode provocar unha rotura do mesmo e acabar tamén co incendio da vivenda. Apuntan como engadido que, o feluxe aumenta sensiblemente o consumo e a contaminación.

Con todo, dentro desta campaña para previr incendios nos fogares a causa das chemineas aconsellan que en caso de fume intenso ou mesmo lume, as persoas teñen que saír da estancia agochados, desprazándose a ras do chan para evitar a nube de fume. No caso de que o lume prenda a roupa dunha persoa, facela rodar pola chan pode servir de axuda. En situación nas que o lume poida alcanzar algún líquido inflamable, aplicar panos húmidos. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp