- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Concello e Xunta continúan coordinados para a eliminación da velutina
23/11/2018. O Concello e a Xunta continúan coordinados nos traballos para a eliminación de niños de vespa velutina. Son meses máis baixos para esta especie, aínda existe na nosa zona polo que se fai un chamamento á colaboración veciñal
MELIDE 23 de novembro de 2018.- O Concello de Melide continúa traballando man a man coa consellería de Medio Rural para a eliminación dos nidos de vespa velutina que aparecen en Melide e Comarca. Con estes traballos o que se pretende é dar unha resposta eficar na aparición deste insecto invasor que ameaza as colmenas poñendo en perigo o futuro da producción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas.
Durante os meses de verán as brigadas do Concello de Melide foron as encargadas de retirar estes niños de vespas velutinas tanto do casco urbano como das zonas rurais. Unha vez rematado o período de traballo destas brigadas, o Concello de Melide continua colaborando coa Xunta de Galicia, para a eliminación deste niños.
Dende o Concello explican que ante a aparición de vespa velutina teñen que poñerse da maneira máis rápida posible en contacto 012 ou co 112 donde o persoa adscrito ao programa realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño. Do mesmo xeito, os veciños e veciñas tamén poden achegarse ata as instalacións do propio Concello de Melide, onde se lles facilitará toda a información e se lles axudará para realizar os trámites necesarios para que os niños de vespa velutina sexan retirados coa máxima celeridade posible.