Novas

Máis novas

As actividades do 25N enmárcanse baixo o lema “Latexando pola igualdade”

22/11/2018. O Concello presentou a súa programación de actividades para conmemorar o 25N. Dende o goberno local prentenden que as actividades que se van a poñer en marcha cheguen a todos os sectores da sociedade independentemente da súa idade

MELIDE 22 de novembro de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada da concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López, e a bibliotecaria municipal, presentaron na mañá de hoxe no salón de plenos da casa do concello un programa de actividades para conmemorar o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que “no concello traballamos a reo día tras día para erradicar a violencia de xénero, non só o 25N, porque entendemos que os outros 364 días do anos tamén temos a responsabilidade de poñer todas as nosas ferramentas en marcha para tratar de concienciar a todos os sectores da sociedade sobre unha lacra que é necesario erradicar”.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade e Benestar Social, María Jesús López, recordaba que “en Melide contamos cun Centro de Información ás Mulleres aberto de luns a venres e totalmente gratuito para calquer muller que precise calquer tipo de asesoramento.

“LATEXANDO POLA IGUALDADE”

Este ano, o Concello de Melide aglutina todas as iniciativas que formarán parte deste programa baixo o lema “Latexando pola igualdad” co que se pretende seguir traballando na concienciación da socidade ante un problema social como é a violencia de xénero nos nosos días e na nosa sociedade.

A primeira acción que se poñerá en marcha por parte do Concello de Melide para conemmorar este día tan fixado no calendario, será a iluminación da fachada da casa consistorial de cor morado, dende o día de hoxe e ata o próximo martes.

Será o propio día 25 de novembro, domingo, cando se celebren diversos talleres pola igualdade na praza do Convento de Melide dende as 11.30h a 14.30h. Obradoiros de cociña, chapas, imáns, slim antiestrés, etc.. alternativas que irán dirixidas a un público infantil e xuvenil.

Seguindo a tónica de anos anteriores, o Concello de Melide tamén convoca este anos a todas as mulleres da vila e do rural a participar na xornada de respiro que terá lugar no Hotel Balneario Río Pambre o sábado 1 de decembro. Como é habitual, as mulleres poderán participar nesta iniciativa baixo inscrición previa nas dependencias municipais xa que existe límite de prazas.

A proxección da curtrametraxe “Miña” será outra das actividades que se engloba na programación para conmemorar o 25N. A cita con este visionado e posterior charla-coloquio será o martes 11 de decembro no edificio multiusos, unha actividade dirixida ao público en xeral.

GUÍA E VINILOS NO CHAN CON LECTURAS A FAVOR DA IGUALDADE

O Concello de Melide dende o seu departamento de Igualdade e Benestar Social traballou coa biblioteca municipal Xosé Vázquez Pintor para poñer en marcha unha iniciativa pioneira na nosa vila no referente á igualdade e a lectura.

Así e como accións para a conmemoración do 25N este ano, poñerán a disposición de todos os veciños e veciñas guías de lectura a favor da igualdade na biblioteca pública como unha ferramenta para cativos e para pais e nais de reflexión e de concienciación fronte á violencia de xénero. Estas guías de lectura poderán ser consultadas polos veciños e veciñas nas bibliotecas dos centros escolares o una propia biblioteca municipal. 

Por outra banda e con este único obxetivo de concienciar á poboación mediante a lectura, tamén serán colocados diferentes vinilos no chan dos edificios públicos onde se ofreza esa mesma información:  libros e autores que escriben a favor da igualdade e tratan esta problemática nas súas obras. “Ao ser vinilos que estarán pegados ao chan chegaremos a máis xente que cando se colgan carteis en paredes e muros que moitas veces pasan desapercibidos. Todos os veciños e veciñas van ser coñecedores das lecturas coas que contamos a favor da igualdade na nosa biblioteca pública”, conclue Ánxela López, bibliotecaria municipal.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp