- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide conta cun estudo sobre o gas radón nos seus edificios públicos
21/11/2018. O Concello vén de presentar un estudo realizado por unha empresa específica sobre a concentración de gas radón nos edificios públicos. É o primeiro concello da provincia en cumprir coa normativa europea sobre o gas radón
MELIDE 21 de novembro de 2018.- O Concello de Melide ten xa realizado o seu estudo propio sobre o gas radón nos seus principais edificios públicos. Así o ven de constatar a alcaldesa de Melide, Dalia García, quen afirma xa co documento na man que “Melide adaptase á normativa europea en canto ao gas radón despois do estudo realizado, somos o primeiro concello da provincia da Coruña en ter realizado este traballo”.
O Concello de Melide encargoulle esta tarefa a unha empresa especializada neste tipo de medicións. Durante os meses entre maio e setembro analizouse a presenza de radón nos principais edificios públicos, un total de sete: centro social, galiña azul, espazo multiusos, casa da cultura, polideportivo municipal, gardería municipal e na casa do concello con 49 detectores.
Os resultados que se extraen deste estudo é que Melide goza de espazos libres de radón alto e polo tanto, cumpre coa normativa europea en canto á concentración deste gas “o que supón unha seguridade para a nosa saúde xa que o radón é un dos gases máis periogosos e contamos con moita incidencia del na zona na que nos situamos”, puntualiza a rexedora.
MELIDE, PIONEIRO NA PROVINCIA NESTE ESTUDO
Así, o Concello de Melide, debido a súa celeridade, é o primeiro concello da provincia da Coruña que ten xa na súa posesión o estudo da concentración de radón en aire en ambientes interiores.
O Concello de Melide adáptase con este estudo á nova normativa europea que obriga aos gobernos a realizar medicións en lugares de risco para mitigar a concentración de radón en aquelas zonas nas que se poida prexudicar a saúde das persoas. Xa que este gas, de ser inhalado por un período prolongado pode resultar moi dañino para os veciños e veciñas.