- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Pleno de Melide dá luz verde a inscripción rexistral dunha finca necesaria para a construcción do Centro de Saúde
03/01/2017. O goberno local vén de aprobar cos votos favorables do PSOE e a abstención do BNG a inscripción no inventario de bens municipais unha finca lindante coa dúas actualmente xa inventariadas para a cesión ao SERGAS de todos os terreos.
O pasado 30 de decembro o pleno municipal deu luz verde a inscripción rexistral da finca que quedaba para a cesión posterior dos terreos totais ao SERGAS que suman un total dunha parcela próxima aos 5.000 metros cadrados. Con este trámite dáselle luz verde a inscripción no inventario de bens da corporación municipal melidense dita finca, un exceso sobrante, unha vez descontados os viais, do que foi a finca orixinaria, duns 10.000 metros cadrados, cedida nos ano 70 ao consistorio melidense para a construcción de infraestruturas educativas.
Aínda que faltan máis trámites por levar adiante, o certo é que o goberno local de Dalia García expuxo no pleno municipal a importancia de ceder as tres fincas ao organismo autonómico e non facelo de maneira escalonada para que, unha vez rematado o proceso de redacción técnica do proxecto poidan iniciarse os trámites de execucción dos 450.000 euros que a Xunta de Galicia orzamenta este ano para levar adiante unha parte importante do Centro de Saúde de Melide. Cos votos favorables do grupo do PP, PSOE e abstención do BNG, deuselle luz verde para levar a cabo este trámite que leva aparellado outros posteriores para a cesión total deste patrimonio á Consellería de Sanidade.