- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide colabora na divulgación de material informativo da campaña Ecoluciona
21/11/2018. O Concello de Melide colabora coa Fegamp ao longo desta semana coa divulgación de material informativo da campaña Ecoluciona nas súas redes sociais con motivo da Semana Europea de Prevención de Residuos que rematará o domingo
MELIDE 21 de novembro de 2018.- O Concello de Melide, colabora coa a Fegamp, na dilvulgación a través das súas redes sociais do material informativo da campaña Ecoluciona con motivo da Semana Europea de Prevención de Residuos que se celebra do 17 ao 25 de novembro.
A campaña consiste na presentación de diferentes vídeos que teñen o obxectivo de concienciar á cidadanía na redución dos residuos que xeran.
Os vídeos da campaña ECOLUCIONA propoñen cambios de hábitos como por exemplo reducir a cantidade de envoltorios e envases que consumimos no noso día a día, evitar desfacernos de comida en bo estado tanto en casa como en restaurantes, fomentar o intercambio e a compravenda de produtos en desuso, desfacernos de electrodomésticos ou baterías correctamente ou limitar o uso de produtos contaminantes no fogar.
Dende esta semana, estes vídeos poden verse xa na páxina de facebook do Concello de Melide, e así se irán sucedendo ao longo de toda esta semana.
A Semana Europea de Prevención de Residuos celébrase anualmente para concienciar sobre a correcta xestión dos residuos a nivel europeo, actuando tanto desde entidades privadas como desde organismos públicos, a todos os niveis. Nesta edición, a Semana Europea de Prevención de Residuos pon o foco na eliminación de elementos perigosos, tales como produtos químicos, contaminantes, de limpeza, baterías, etcétera