Novas

Máis novas

O IES recibe o 1º premio no concurso de imaxes e audiovisuais da Xunta

20/11/2018. O Ies de Melide vén de recibir o primeiro premio no concurso de imaxes e audiovisuais que convocou a Xunta de Galicia con motivo do 25N, dirixido aos centros educativos galegos. O obxetivo, promover a igualdade e a reflexión

MELIDE 20 de novembro de 2018.- O ies de Melide, levouse o 2º premio, no concurso e imaxes dun concurso, dirixido aos centros de ensino, a Xunta resolveu a convocatoria do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo da conmemoración, o próximo 25 de novembro, do “Día Internacional contra a violencia de xénero”, e no que participou alumnado de 5º e 6º de primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato, cun total de de 50 centros educativos de Galicia.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, felicita ao alumnado do IES de Melide por plasmar de maneira tan orixinal a súa repulsa no referente ao maltrato. “A loita contra a violencia machista é responsabilidade de todos e que mellor que comezar dende as idades máis temperás. Dende o Concello de Melide, ao longo de todo o ano poñemos en marcha actividades que fomenten a igualdade entre sexos dende as idades máis temperás”, di García.

PROMOVER A REFLEXIÓN NA IGUALDADE DE SEXOS

O obxectivo do concurso foi promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia machista, e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes. O concurso estaba dividido en dúas categorías: a primeira, para o alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO); e a 2ª, para alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

No apartado de imaxe gráfica os primeiros premios recaeron no IES Moncho Valcarce de As Pontes para a 1ª Categoría e no IES de Melide para a 2ª Categoría.. Os segundos premios de imaxe gráfica recaeron no CEIP Monseivane de Vilalba e no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

No apartado de peza audiovisual os primeiros premios foron para o IES Vilalonga de Sanxenxo e para o IES María Soliño de Cangas do Morrazo. Os segundos premios de pezas audiovisuais foron gañadores o CEIP Santiago Apóstolo, de Santiago de Compostela e o Colexio Galaxia de Ribeira.

O xurado composto polos integrantes da Comisión asesora de publicidade non sexista, a Secretaría Xeral da Igualdade, e a Consellería de Educación fallou onte os premios do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, convocado pola Secretaría xeral da Igualdade e pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp