- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide acolle o parque pechado e a entrega de premios do Rali da Comarca
19/11/2018. A nosa vila foi a encargada de albergar o parque pechado para os vehículos da edición número dez do Rallye da Comarca da Ulloa que organizou a Escudería Mix Sports. Tamén na nosa vila foi o lugar onde se entregaron os premios
MELIDE 19 de novembro de 2018.- Meira foi o gañador da décima edición do Rali da Comarca da Ulloa. Unha proba na que Melide tivo moito protagonismo, xa que foi a vila encargada de albergar o parque pechado no que se instalaron todos os vehículos participantes así como tamén o lugar onde se celebrou a entrega de premios aos campións da proba.
Meira, foi o gañador desta proba con +20.031 sobre o melidense Alberto Otero. A diferencia entre ambos quedo una xeral en +39.202.
O Concello de Melide foi un dos socios colaboradores na organización da X edición do Rallye da Comarca da Ulloa que organizaou a Escuderia Rallye Mix Sports xunto cos concellos veciños de Palas de Rei e Monterroso. .
Por outra banda, no que compete a Melide, o parque pechado de automobilismo estivo situado na explanada do campo da feira.
