Novas

Máis novas

Melide celebra unha nova edición da Semana da Música no mes de novembro

16/11/2018. Como é habitual no mes de novembro, Melide acolle a celebración da XXIX da Semana da Música. Terá lugar as dúas últimas fins de semana de novembro e as actuacións, todas gratuitas, terá lugar na casa da cultura da vila ás 20.30h

MELIDE 16 de novembro de 2018.- A Coral Polifónica de Melide en colaboración co Concello de Melide organiza un máis unha nova edición da semana da música, e con esta xa van 29. Seguindo a tónica de anos anteriores as actuacións celebraranse durante as dúas últimas fins de semana deste mes de novembro, xa que son os días nos que se conta con maior afluenza de persoas na vila e polo tanto, son os elixidos para todas as actuacións.

A Semana da Música comezará o sábado 17 de novembro coas actuacións da Xuntanza de Acordeonistas da Terra de Melide, a Coral Polifónica Vía Sacra de Sobrado e a Maristela de Sobrado.

O domingo 18 de novembro, as actuacións serán do Pozo Pequeño, a Coral Polifónica de Santiso e Irene Ruiz Carmuega.

A última fin de semana do mes de novembro, comezará o venres 23 de novembro coas actuacións de Leirabuxo, o Coro Parroquial de Melide e Vide Preto. O sábado 24 de novembro será a quenda para Froito Novo, Xoán Curros e Luis Garea e Herba Grileira. Para rematar esta edición da semana da música, o domingo 25 de novembro as actuacións serán da Banda de Música de Visantoña e para a Coral Polifónica de Melide.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, convidaba a asistir e a participar das actuacións da Semana da Música da vila xa que “é un bo escaparate da música local e comarcal onde cada ano se soben ao escenario grupos de Melide e da contorna que nos lembran a riqueza musical que temos preto”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp