Novas

Máis novas

Melide, Palas e Monterroso colaboran de novo na X edición do Rally da Ulloa

14/11/2018. Melide asina un convenio coa escudería Rally en MixSport de 6.000 euros, contribuen a facer realidade esta proba que discurre polos municipios da Ulloa. Trátase dunha proba puntuable para o campeonato Galego de Rallys de asfalto

MELIDE 14 de novembro de 2018.- O Concello de Melide é un dos socios colaboradores na organización da X edición do Rallye da Comarca da Ulloa que está a organizar a Escuderia Rallye Mix Sports xunto cos concellos veciños de Palas de Rei e Monterroso. 

Como vén sendo habitual, o Concello de Melide asinou un Convenio de colaboración de 6.000 euros que supòn un apoio económico moi grande para levar a cabo esta proba deportiva. Todos os concellos poñen ademáis a disposición todos os medios materiais e persoais para que a seguridade esteña garantida e sexa prioritaria. 

Por outra banda, no que compete a Melide, o Parque pechado de automobilismo estará situado na explanada do campo da feira, polo que cómpre extremar as precaucións durante todo o fin de semana á hora de circular pola circunvalación interior que comunica a N-547 coa Rúa Furelos e AC840 co fin de que todo trascorra con normalidade. Asi mesmo, dende o goberno local poñen a disposición toda a información que sexa necesaria para a veciñanza, informando que durante o desenrolo da proba quedará limitado o aparcamento na explanada do campo da feira así como limitado o acceso a dito punto. Por outra banda, co fin de facilitar a entrega de premios a Avenida de Compostela e a Rúa Galicia tamén serán rúas do casco urbano afectadas.  

García, solicita a colaboración de toda a veciñanza melidense para que a proba se desenrole sen maiores incidencias, como en edicións anteriores.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp